Botellón

 

Esquerda Unida propón un pacto a longo prazo para mellorar a situación da mocidade coruñesa, un pacto que permita chegar á raíz do problema, configurando e dotando orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados, porque o alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, a obesidade infantil ou de paro xuvenil, o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.

 

O grupo municipal de EU-V considera que o Concello ten a obriga de desenvolver os mecanismos necesarios para conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza, por iso a curto prazo propoñemos habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen perturbar aos veciños. Condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia mocidade, ao tempo que se fomenten actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “debemos analizar o fenómeno do botellón dende unha perspectiva global o que require acadar un pacto institucional.

 

César Santiso, afirmou estar disposto a manter un diálogo fluído e a negociar para acadar un pacto institucional, mais entre as nosas propostas non contemplamos a mera prohibición sen solucións alternativas, porque ao longo dos anos a historia ensinounos que as prohibicións non dan resultado, pois traen consigo un efecto rebote, máis grande se cabe na mocidade que fará mais botellón en base ao seu innato espírito de rebeldía. Asemade consideramos que este tipo de dinámicas teñen a súa base na crise de valores da sociedade e na falta de perspectivas que lle presentamos a mocidade. Non podemos agachar o problema do botellón sen pretender resolver o drama do alcoholismo xuvenil, que está a desangrar a nosa mocidade”.

 

Relacionados