Botellón

A situación, que xa é grave de por si, o é máis debido a que a veciñanza leva tempo denunciando botellóns incontrolados na Praza Juan Naya e apesares de que a policía local nun principio comezou a vixiar a praza, xa levaba semanas sen facelo. Xa que logo, o concello debe actuar con prema e decidirse dunha vez por todas a acadar unha solución real e pragmática para resolver un grave problema para a veciñanza, solución que ao noso entender non pasa pola mera prohibición, xa que este tipo de actuacións producen o coñecido “efecto chamada”, é dicir todo o contrario do que se pretende acadar.

Esquerda Unida propón actuacións inmediatas para rematar co botellón descontrolado, integradas dentro dun pacto para mellorar a situación da mocidade coruñesa no longo prazo, un pacto que permita chegar á raíz do problema, configurando e dotando orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados, porque o alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, a obesidade infantil ou de paro xuvenil, o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.

O grupo municipal de EU-V considera que o Concello ten a obriga de desenvolver os mecanismos necesarios para conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza, por iso a curto prazo propoñemos habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen perturbar aos veciños. Condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia mocidade, ao tempo que se fomenten actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “o PP está a incumprir a súa promesa esquecendo a problemática do botellón, nós apostamos por analizar o fenómeno dende unha perspectiva global o que require acadar un pacto institucional, xa que logo amosamos a nosa total disposición a manter un diálogo fluído para acadar un pacto institucional, mais entre as nosas propostas non contemplamos a mera prohibición sen solucións alternativas, porque ao longo dos anos a historia ensinounos que as prohibicións non dan resultado, pois traen consigo un efecto rebote, máis grande se cabe na mocidade que fará mais botellón en base ao seu innato espírito de rebeldía. Asemade consideramos que este tipo de dinámicas teñen a súa base na crise de valores da sociedade e na falta de perspectivas que lle presentamos a mocidade. Non podemos agachar o problema do botellón sen pretender resolver o drama do alcoholismo xuvenil, que está a desangrar a nosa mocidade”.

Relacionados