Esquerda Unida considera que o problema dos botellóns nos domicilios son consecuencia da inacción do goberno municipal que, emulando ao goberno central do Sr. Rajoy, espera que os problemas se solucionen solos. Porque o problema do alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, de obesidade infantil ou de paro xuvenil, o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.
O grupo municipal de EU-V dende fai oito meses propuxo un pacto ao longo prazo, mais o PP non contestou apesares de facer público en diversas ocasións que convocaría unha xuntanza para consensuar unha solución. Un pacto que permita chegar á raíz do problema, configurando e dotando orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados.
O voceiro de EU-V, César Santiso, propuxo habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen molestar aos veciños como medida a curto prazo porque “o Concello ten a obriga de conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza”. Condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia xuventude, ao tempo que se fomenten actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.







