A lexitimidade dunha protesta de traballadores que pretende garantir o futuro dun sector e dos centos de persoas que del dependen, atopouse hoxe cun Partido Popular e a súa estratexia de represión e non diálogo como único xeito de impoñer as súas políticas que nos condenan á miseria.
Esquerda Unida condena a brutal represión exercida pola policía hoxe en Compostela sobre os mariñeiros do cerco e esixe a dimisión do delegado do Goberno Samuel Juárez, responsable desta actuación propia dun goberno que despreza aos traballadores e traballadoras deste país.
Esquerda Unida esixirá explicacións e responsabilidades no Congreso dos deputados ao ministerio de interior sobre a desproporción e abuso das forzas do estado sobre os e as traballadoras que hoxe demandaban un acordo para acadar un novo reparto das cuotas pesqueiras impostas pola UE que garantan a súa actividade.