Bruxelas sobre minaría contaminante

O deputado de IU Willy Meyer, que actuou de presidente da comisión de peticións celebrada hoxe en Bruxelas, considera que a pesar da palabra dada pola Xunta de “non autorizar a mina en Corcoesto” “por se acaso” sería bo establecer medidas legais para evitar que no futuro aparezan proxectos neste lugar ou noutros.

IU felicítase de que finalmente, tal e como pedíu, o expediente da mina de Corcoesto continúe aberto en Europa para “evitar futuras pulsións de retomar o proxecto por parte da Xunta”

Esquerda Unida considera que a intervención do eurodeputado galego Millán Mon, “non despexou a posibilidade de instalación da mina en Corcoesto e simplemente remitiu a posibilidade da mesma ás autorizacións ambientais precedentes.

EU lembra que o megaproxecto mineiro de explotación aurífera de Corcoesto  faise cunha técnica moi lesiva para o medio e a saúde pública: a de cianurización. Hai unha resolución do propio Parlamento Europeo, do 5 de maio de 2010, que rexeita este método extractivo. Desde que se fixo público o proxecto mineiro tivo en fronte á cidadanía e xunto a ela a Alternativa Galega dá Esquerda.

O proxecto cebaríase sobre un espazo físico cuxos chans teñen unha marcada caracterización como agrogandeiros, co cal este proxecto e a súa técnica extractiva ameazan de morte esa adicación agraria da zona, dado que a explotación mineira ocuparía máis da metade dos 14 km/2 da parroquia de Corcoesto. A balsa de decantación é semellante á que causou o desastre ambiental de Aznalcóllar, 1 km/2 e  60 metros de altura para non garantir as filtracións de lixiviados. Bomba de reloxaría sobre a poboación da zona.

Para EU, asistimos a concrección do típico proxecto empresarial, volátil, que externaliza nun territorio dependente e nunha poboación sometida a un austericidio capitalista programado, un proxecto de explotación mineira con enormes custos ambientais permanentes e que comprometerían o modo de vida propio desa poboación, marcadamente agropecuario, para coller o ouro e botar a correr: modalidade preferida do capitalismo da globalización neoliberal.

Relacionados