Alternativa Galega de Esquerda denuncia a nova agresión medioambiental levada a cabo por unha institución como é Autoridade Portuaria de Ferrol-San -Cibrao que lonxe de velar pola salvagarda da ría como é o seu deber, autoriza a práctica do bunkering, un servizo móbil de repostaxe de combustible aos navíos na ría ao traverso de embarcacións que serven combustible a outros barcos sen tocar terra.
O perigoso da situación como destaca o grupo parlamentar de AGE non é so o que está a contecer en Ferrol senón que esta mesma agresión podería extenderse ao resto de rías galegas como consecuencia da deriva de fomentar a competitividade e a privatización dos portos que conduce a provocar esterqueiras en espazos privilexiados para vivir e producir de xeito sustentable. Unha esterqueira perigosa que recoñece o propio ministerio de medio ambiente, ao afirmar que no se debe permitir o subministro a causa da súa perigosidade, afirmación que se compadece mal coa deixación que rexistra o seu representante na Autoridade Portuaria.
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao continúa coa súa práctica cómplice dun capitalismo depredador e corrupto, que dana as calidades ambientais e productivas da ría e pon en risco á cidadanía que habita na contorna. Así, o 13 de xuño evitando toda información previa e debate público a Autoridade Portuaria de Ferrol deu o visto bo a converter a ría nunha gasolineira flotante. E a día de hoxe, cunha práctica oscurantista, négase a facilitar toda a información relativa ás condicións de autorización.
A reubicación da planta de gas no interior da Ría, o dinamitado da súa canle, a pretensión de levar o ferrocarril pola enseada da Malata, as autorizacións a Forestal e Reganosa, o verquido de 400.000 toneladas diarias de augas residuais sen depuración previa entre outras agresións, configuran eses penosos antecedentes dos que é corresponsable a Autoridade e o Partido Popular.