Bus Zapateira antiga

Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que posibilite o acceso ao servizo de autobús no barrio da Zapateira antiga, tal e como nos trasladaron os veciños e veciñas moitas rúas da Zapateira teñen que se desprazar máis dun kilómetro para chegar á parada máis próxima. A veciñanza da zona xa solicitou esta actuación ao Concello pero o goberno municipal, non so non solucionou senón que nin tan sequera mantivo os encontros prometidos coa asociación para darlle resposta.

O pasado 15 de maio a AA.VV As Revoltas presenta ó Concello un escrito, tal e como lle foi requirido pola Concelleira de Barrio tras unha reunión que mantivo coa AA.VV, no cal se achegaban as diferentes propostas da veciñanza para a mellora da circulación  e solventar deste xeito algúns dos problemas existentes que imposibilitan o acceso do autobús no interior do barrio.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os verdes considera prioritario dotar dun servizo de transporte colectivo accesible a todos os barrios da cidade, polo que presenta unha pregunta escrita para saber si o goberno local ten pensado resolver este problema de mobilidade. Concretamente:

– Ten pensando o goberno municipal reunirse, como prometeu, coa AVV. As Revoltas para debater as posibles solucións ás eivas no transporte público da zona? Cando?

– Ten pensado o goberno municipal artellar algunha solución para evitar que os veciños teñan que desprazarse máis dun kilómetro até a parada de bus máis próxima? E en caso afirmativo cando estima o goberno local que a solución estea operativa?

O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou a necesidade de apoiar á veciñanza nesta demanda para facilitará a mobilidade das persoas sen coche e aos veciños e veciñas maiores que xa non poden conducir, circunstancias que afecta á meirande parte da veciñanza da Zapateira antiga pero de xeito máis directo o 60% dos residentes que xa son persoas maiores.

César Santiso indicou que “os veciños e veciñas da Zapateira antiga pagan impostos igual que o resto da cidadanía coruñesa, pero carecen de servizos básicos como unha conexión axeitada de transporte público municipal, rede de sumidoiros, centro de saúde, local social, conexión a internet ou garderías”.

Relacionados