Cahmamento á folga do 14N

Non se pode ser unha folga estrictamente ligada a os centros de traballo, obrigatoriamente ten que estar sustentada nos estudante, xubilados e pensionistas, autónomos,etc.

ESQUERDA UNIDA será un catalizador social desa necesaria unión entre o mundo do traballo, da cultura, do ensino, da militancia social e veciñal para que a folga do 14N sexa un éxito do cal partir para recuperar os dereitos laborais destruídos polos sucesivos gobernos do PP e do PSOE.

ESQUERDA UNIDA felicítase da unidade sindical conquerida e pide que se fagan esforzos de seguir no traballo unitario con organizacións sindicais como a CUT, SF, STEGA, etc… que tamén van xogar un papel importante nesta convocatoria de folga.

Os deputados de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA por Pontevedra dentro da coalición ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA, Juan Fajardo e Eva Solla xunto coa militancia de ESQUERDA UNIDA, traballaran nestes días previos e no mesmo día da Folga para que a convocatoria sindical sexa todo un éxito, exercendo de xeito responsable ese mandato das urnas o pasado 21 de outubro de “parar as políticas de dereitas” que a cidadanía expresou colectivamente co seu apoio as candidaturas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDAS

ESQUERDA UNIDA participará colectivamente con pancarta propia e coa presencia de Yolanda Díaz (viceportavoz do grupo parlamentar no Hórreo) na manifestación que sairá ás 12.00 horas da Praza de España en Vigo.

Relacionados