Caixas de aforro

Na súa intervención do 7 de novembro de 1995 advertía xa dos efectos perniciosos das cotas participativas e as súas consecuencias.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2012.- O voceiro do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda, Xosé Manuel Beiras, lamenta que finalmente se cumprira o que xa vaticinara nunha intervención no Parlamento en 1995 na que falaba xa da morte das caixas de aforros.

Unha lucida visión de Xosé Manuel Beiras, sinalaba xa no 1995 como obvio que “o que dota de sentido e de virtualidade política a matriz do réxime autonómico é a súa funcionalidade para dar, no ámbito de cada Comunidade Autónoma, solución política aos problemas peculiares dela” explicando que no plano de base económica un dos problemas claves da nación galega consiste na necesidade de poder deseñar un modelo autónomo capaz de enxendrar, racionalizar, optimizar e compesar a inicidencia negativa do desenvolvemento desigual provocado polo modelo de acumulación do centro no espacio no que está inserida a nosa Comunidade: no ámbito español e no da Unión Europea”.

Por este motivo, Beiras suliñaba xa por aquel entón como decisivo a dotación de instrumentos de política financieira e crediticia, e sinalaba dous vieiros para conseguilo. Por unha banda a “creación de institucións financiero-crediticias que regulen e orienten o funcionamento do binomio ou da ecuación aforro-investimento no campo de operación dos intermediarios financeiros sitos no sector privado da economía, ou deseñar normas que interveñan no campo de xogo dos intermediarios financieiros privados e, polo tanto, no campo da libre empresa, da economía de libre empresa e de mercado que o Partido Popular defende a ultranza”.

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda lembraba fai 17 anos que pese a que as caixas naceron cunha natureza baseada e proxectada sobre as necesidades das clases baixas da sociedade, as clases populares a realidade de 1995 as colocaba xa nun lugar moi distante as súas orixes destacando incluso que no plano funcional e operativo cada vez máis as caixas distinguíanse menos dos bancos explicando que polo seu carácter funcional, as caixas non podían ser sociedades de acción e advertía do risco de que as cotas participativas pudieran servir de cabalo de Troia para que o capital bancario penetrase nas caixas de aforros e forzasen a súa conversión fáctica en auténticas sociedades de acción. O tempo deulle a razón.

Xosé Manuel Beiras suliñaba xa en 1995 ao Estatuto de Galicia no que se outorga no artigo 30.5 competencias exclusivas a Comunidade Autónoma para regular as caixas de aforros no seu ámbito territorial e a través da que o Parlamento aprobou a Lei 7/1985 de caixas de aforros galegas que un mes despóis coa aprobación nas Cortes da Lei 31/1985 de regulación das normas básicas sobre órganos recotres das cajas de ahorros ou LORCA toda a normativa regulada das caixas e a súa actividade pon de manifestó unha tendencia homexeneizadora que contrasta e colisiona co criterio constitucional de autonomización da regulación das caixas por cada unha das comunidades que obtiñan esas atribucións nos seus respectivos estatutos de autonomía.

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda sinalaba que ainda que “as comunidades autónomas que poderían empregar as súas competencias exclusivas para deseñar intelixentemente algún trazos xenuinos, diferenciais e axeitados á súa peculiar problemática, sigularmente no tocante as actividades económico-financieiras das caixas sitas ou operantes nos seus respectivos territorios, a penas o fan, máis ben semellan responder dócilmente a esta intencionalidade homoxieneizadora patente na diversa normativa estatal que, directa ou indirectamente, incide nesta materia”.

Así Beiras falaba do proceso involutivo de domesticacións disuariorio de calquera veleidade de uso pleno das competencias teóricamente exclusivas por parte dos poderes lexislativos e executivos autonómicos operado polas Cortes españolas, o Goberno central e polo Tribunal Constitucional a que “calquera pretexto lle vale para lles imponer ás comunidades o corsé xacobinista estatal”. Ante esta actitude, Beiras afirmaba que “non debería sorprender que avanzasen progresivamente a uniformización en materia de caixas de aforros, nin que o Goberno da Xunta de Galicia tardase tanto tempo e tivese tantas vacilacións e trasacordos para levar a cabo este proxecto de lei de caixas que agora é obxecto de tramitación (7 novembro de 1995)”.

Por último nesta súa intervención no Parlamento fai 17 anos, Xosé Manuel Beiras destacaba en canto ás cotas participativas xurdía un interrogante inevitable sobre “quen podía ter interese en suscribir tales cotas nas condicións económicas e técnico-financeiras que legalmente se establecen cando, además como é lóxico, os seus titulares carecen dos dereitos políticos. Semella que subscribilas supon estar ás duras, máis non ás maduras, da condición de accionaistas, sen as vantaxes dun subscritos de obrigas ou títuos análogos”, o que nos leva directamente a situación que están a vivir hoxe en día milleiros e milleiros de personas no noso país afectadas pola estafa das preferentes.

A intervención de Xosé Manuel Beiras o 7 de novembro de 1995 no Parlamento de Galicia falando das caixas deixa de manifestó que se tratába da crónica dunha morte anunciada a que ninguén naquel momento quiso prestar atención e que nos levou a situación actual grazas a ineficacia e a complicidade do Goberno galego do Partido Popular que gobernaba naquel momento e que mantén a mesma actitude 17 anos despois.

ACTUACIONS DELICTIVAS NAS PREFERENTES

O voceiro de Alternativa Galega de Esquerdas, Xosé Manuel Beiras, quiso manifestar hoxe ante os medios de comunicación o apoio e a solidariedade do Grupo Parlamentario cos milleiros de persoas que están a sufrir o drama da estafa levada a cabo polos responsabeis e dirixentes das caixas.

Así mesmo, destacou a indignación que provocou a actitude dos membros do Goberno galego e do señor Feijoo o pasado mércores durante a sesión plenaria no Parlamento que mentres os deputados do Partido Popular preferiron abandoar a sala para non escoitar os berros desesperados dos cidadáns e agora parecen queren incluso impedir o acceso do pobo a propio hemicilclo, os membros do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda uníronse ao peche que están a levar a cabo nun caixeiro de Novacaixagalicia Banco en Gondomar e pasar a noite con eles en sinal de apoio.

Por todo isto, o voceiro do Grupo Parlamentario exortou aos xuíces de instrucción, aos ministerios fiscais das audiencias a exercer as súas competencias para proceder a investigar todos e cada un dos casos, contratos, as condicións de abuso, confianza e engano que se empregaron, e entrevistarse coas víctimas desta estafa para recadar os indicios de actuación delictiva e evitar que os cidadáns fiquen en estado de indefensión tal e como está a acontecer na actualidade, o que supón unha nova violación a Constitución.

Beiras lamentou a actitude dos deputados do Partido Popular que asegura “deben ter o organismo feito de pao ou formigón” porque senón non se entende a insensibilidade amosada o pasado mércores no Parlamento de Galicia hacia os cidadáns afectados polas preferentes que non buscaban ameazar coas súas palabras senón simplemente tratar de desafogar a angustia e agonía que están a sufrir nas súas vidas.

O voceiro do Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda destacou que a única solución para a grave situación que se está a dar no noso país pasa por un proceso de organización e lanzar unha ofensiva cívica que acabe con este muro que pretende instaurar o Partido Popular.

 

 

Relacionados