Caixeiro automático en Ferrol Vello

 

 

A  nosa organización quere salientar tamén o valor do barrio en tanto que zona de entrada de visitantes a nosa cidade, o que  entrega máis argumentos a prol de conquerir  a instalación de caixeiros automáticos nesa zona. A  fiestra turística que  é Ferrol Vello  demanda que o concello atenda este aspecto de prestación de servizos.

 

Esquerda Unida entende necesario que o  Goberno Municipal desenvolva as actuacións oportunas conducentes a superar esta eiva. Esquerda Unida, xa que logo,  insta ao Goberno para que este se dirixa ás entidades financeiras ao obxecto de acadar un acordo que permita  que sexa atendida esta carencia.

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida entende que a satisfacción desta petición  vai redundar na mellora  do día a día para  a cidadanía e os visitantes do barrio, mellorando o volume de negocio do pequeno comercio e hostalería.

Relacionados