Apesares de que A Coruña obtén un aprobado (5,1), resulta inquietante observar acadados pola nosa cidade nalgúns dos 11 puntos analizados.
Os suspensos que lle outorga a cidadanía en materia de emprego, transporte público e urbanismo Á Coruña poñen en valor as continuas denuncias do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes. Efectivamente levamos tempo denunciado a inacción do Goberno municipal nos temas que máis preocupan a veciñanza: emprego, situación económica, urbanismo e mobilidade. Agora a cidadanía danos a razón ao suspender a xestión municipal cun 2,9 en emprego e situación económica, un 4,5 en urbanismo, un 4,8 en acceso a vivenda ou un 5,2 en mobilidade, aínda que aprobando sitúanos nos últimos postos do ranking xunto con Vigo.
Esquerda Unida entende que o moi deficiente que recibe a cidade en materia de emprego supón un serio aviso ao goberno municipal. A puntuación de 2,9 confirma a falta de iniciativas que o goberno do PP, algo que levamos tempo denunciando. Así a cidadanía coincide no noso análise de que non é fácil conseguir un posto de traballo na Coruña e que tampouco existen boas condicións para o tecido produtivo, por iso dende EU-V estamos a desenvolver un grande número de iniciativas encamiñadas a reactivar a economía local, cambiar o modelo produtivo e, xa que logo, xerar emprego, como por exemplo: a creación dun Servizo Integral de Apoio a Emprendedores (SIAME), o plan de turismo comarcal, o plan para reactivar o agro na bisbarra coruñesa, o plan para liderar o transporte marítimo de contedores entre América e Europa ou a creación de rutas turísticas locais para incentivar o consumo dos turistas, en especial dos cruceiristas co conseguinte beneficio para o pequeno comercio coruñés.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “os datos desta enquisa evidencian que os coruñeses e coruñesas precisamos de máis e mellores políticas en lugar da publicidade e dos festexos que oferta o Concello, esperemos que o tirón de orellas da veciñanza sirva para que o goberno local reaccione e comece a desenvolver as políticas que lle demanda a cidadanía, ou alomenos escoite as propostas construtivas que dende Esquerda Unida estámoslle a presentar, algo que até o de agora non está a suceder a pesares da difícil situación que viven os coruñeses e coruñesas, onde 1 de cada 5 atópase en risco de exclusión social”.