Esquerda Unida celebra este vindeiro sábado 3 de xuño en Compostela a súa XII Asemblea Nacional, co lema “A Forza das Ideas”. O evento celebrarase no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía (rúa Xosé María Suárez Núñez. Campus Sur).
Neste momento, estamos a traballar nun proxecto aberto e democrático, nun camiño no que a participación da afiliación e das e dos simpatizantes é fundamental para avanzarmos colectivamente.
Dende o comenzo desta andaina, podíase participar no debate dos documentos e facer as achegas oportunas, así como avalar, vía on-line ou presencial, as candidaturas que se presentaran.
Para poder participar on-line, deberás inscribirte, dende a nosa páxina web, na ferramenta “Es la hora” e seguir os pasos que vai indicando. O prazo para a votación dos documentos vía on-line será do 27 ao luns 29 de maio.
Tamén poderás participar votando o documento en urna nas sedes que se habiliten para a ocasión. Neste caso, as votacións serán os días 30 e 31 de maio nos horarios que se acorden nas asembleas.