Dito dato amosa o alto grado de participación da veciñanza nas Asembleas de barrio que está desenvolvendo EU-V, debido a que a cidadanía está a constatar que a nosa organización cumpre cos compromisos adquiridos coa veciñanza.
O grupo municipal de Esquerda Unida – os verdes preguntará ao goberno municipal se ten pensado arranxar o chamado Camiño do Oleoduto que se atopa en pésimas condicións. Camiño de terra con grandes desniveis, pasarelas inseguras e mala iluminación, o que o converte nunha travesía perigosa, que en épocas de choiva faise intransitábel.
Esquerda Unida esixe ao goberno municipal o acondicionamento do Camiño do Oleoducto instalando a iluminación necesaria e solucionando o acceso ás pasarelas, xa que os pronunciados desniveis poñen en perigo aos transeúntes.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou: “moita xente pídenos que actuemos no seu barrio e queixanse de que centramos a nosa actuación no Birloque, rógolles un pouco de paciencia, so temos un concelleiro e moita labor por diante, a nosa forma de traballar e desenvolver todas iniciativas que emanan de cada Asemblea de Barrio, antes de pasar ao seguinte barrio, o vindeiro mes actuaremos noutra zona necesitada”.