responsable de traballo na Executiva de Esquerda Unida veñen de presentar en Ribeira a campaña de denuncia e loita de EU contra o tratado de libre comercio do atún con Tailandia que se atopa en fase de negociación. De asinarse nas actuáis condicións se avocaría ao sector da conserva en Galicia a desaparecer, dado que ao redor de 7.000 postos de traballo (dun total de 12.000) ocupados moi maioritariamente por mulleres neste sector laboral feminizado perderíanse.
A Coordenadora Nacional, Yolanda Díaz, anuncia que Esquerda Unida levará a defensa dos postos de traballo e da cadea do valor engadido que supón a limpeza e empaquetado das conserva do atún ás diferentes institucións implicadas: a Xunta de Galicia, Estado e diante da Comisión Europea. Diante destas institucións presentáranse un ronsel de iniciativas, apoiadas nas loitas sociais, para manter este sector produtivo a salvo da cobiza destrutora do neoliberalismo. A Vicevoceira do Grupo Parlamentar da AGE sinalou que as conservas teñen que ter a consideración de productos sensibles e polo tanto teñen que ser protexidos do dumping social que practica Tailandia coas benzóns do neoliberalismo que sostén a actual Comisión Europea.
O responsable de traballo de Esquerda Unida denuncia que o sector da conserva galega vai ser moeda de cambio das grandes empresas do centro e norte de Europa, interesadas en aumentar as súas exportacións en bens electrónicos de equipo, de maquinaria industrial e productos químicos ao Estado do sudeste asiático en troques de permitirlle ao acceso franco e sen restriccións de ninguna clase aos seus productos conserveiros, en concreto os do atún.
A executiva nacional de Esquerda Unida denuncia que o acordo asolagaría o sector das conservas e preparados do atún galego diante dun Estado sen as mínimas condicións laborais. Algo semellante aconteceu hai uns poucos anos coa conserva galega do mexilón que sufriu a durísima competencia á baixa do mexilón chileno, logo do sinatura do acordo de libre comercio con este país. Os baixos custos da conserva tailandesa baséanse nos piares do neoliberalismo:
– Sobreexplotación laboral con moi baixos salarios (80-100 euros ao mes por traballador/a).
– Modelo extractivo depredador, sen controis que garantan a continuidade dese peixe.
– A falla das estritas garantías fito-sanitarias sobre as conservas e preparados do atún.
– O ocultamento da orixe do produto mediante o rebaixamento, defendido polo PP, das normas de etiquetaxe que sinalan a órixe e características completas dos productos conserveiros.
– Esquerda Unida chama a organizar unha loita unitaria na defensa dun sector da meirande importancia para a economía do país e que supón unha notable fonte de emprego na nosa sociedade.