Esquerda Unida participa na campaña de Galicia mellor sen touradas para informar a cidadanía sobre as subvencións ás touradas, máis de 128.000 € no último ano. Como ven sendo habitual nos últimos EU-V apoia a plataforma, porque comparte o rexeitamento de utilizar fondos públicos para promover o maltrato animal.
A devandita campaña que consiste en repartir por toda a cidade máis de 50.000 tarxetas explicativas sobre o investimento do concello nun acto cruel cos animais que asemade non ten aceptación na nosa cidade como amosan os datos económicos da participación en ditos festexos ou as enquisas que reflicten o rexeitamento da maioría dos coruñeses e coruñesas as tourdas.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, que sempre aposta porque a cidadanía teña maior poder de decisión apoia a iniciativa de convocar un referendo para que a veciñanza decida sobre as touradas. Dende EU sempre defendemos a conveniencia do empoderamento da cidadanía para que teña maior poder de decisión, neste sentido que os coruñeses e coruñesas poidan decidir si queren ou non subvencionar as touradas é un exercicio democrático de importancia que permitiría mellorar a participación cidadá, eixo fundamental das políticas de EU-V.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “levamos anos traballando en sinerxía coa Plataforma para eliminar as subvencións ás touradas no Concello da Coruña, os avances acadados están a demostrar a efectividade da unidade de acción entre o movemento asociativo e a esquerda política”.