Campaña Nostián Castrillón

Onte tocoulle ao barrio das Castrillón, onde se instalou a mesa informativa na Praza de Pablo Iglesias. Debido a inquedanza da cidadanía EU xa entregou máis de 12.000 folletos explicativos, pois a veciñanza amosa interese en coñecer como o goberno municipal está a xestionar este conflito que, non o esquezamos, reverte no noso ambiente e na nosa economía.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera incoherente que o considera incoherente que o PP na oposición esixira transparencia e acceso á información que agora agacha estando no goberno. Basta lembrar algunha cita do alcalde, como a do 18 de marzo de 2010 en sede plenaria:

Pido a Javier Losada que no oculte durante más tiempo a los coruñeses las explicaciones de la situación real de Nostián, ante las continuas anomalías que rodean a esta planta de tratamiento de residuos urbanos… Reclamo una auditoría ambiental que descubra la verdad a los ciudadanos y desactive esta bomba.

Ou esta outra do voceiro do goberno municipal, tamén en sede plenaria:

después de un año los coruñeses no sabemos qué hay de cierto en esa reclamación y seguimos con gran preocupación e incertidumbre ante la falta de información del Gobierno municipal sobre este grave asunto.

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal nin achega as auditorías á oposición, nin permite visitar a planta de reciclaxe, semella pouco oportuna a negativa do goberno local a visitar as instalacións da Planta de Nostián até que finalice a folga, dado que deste xeito poderíase comprobar se, como comentaba no seu momento o PP, o 70% do lixo segue a soterrarse.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso preguntouse durante o reparto de folletos no Castrillon “onde están as campañas de educación ambiental que esixía Negreira? E como se pode pretender un cambio de actitude da cidadanía cando despois o lixo non é reciclado nunha porcentaxe adecuada? O traballo ten que ser paralelo, a educación ambiental ten que ir da man dunha mellora na reciclaxe, porque de non se facer, non poderemos mudar ese hábitos pouco saudables da cidadanía, nin obter beneficios económicos da reciclaxe”.

Relacionados