Campaña Nostián no Ventorrillo

Esquerda Unida comeza no barrio do Ventorrillo o reparto da segunda tirada de 10.000 folletos explicativos, pola mañá estivemos diante do centro de especialidades do Sergas e pola tarde percorrendo as rúas do barrio e instalando a mesa informativa na intersección das rúas Rodrigo A. de Santiago e Alcalde Salorio.

Debido á boa aceptación que está a ter a campaña, pois a veciñanza amosa interese en coñecer como o goberno municipal está a xestionar este conflito que, non o esquezamos, reverte no noso ambiente e na nosa economía, levamos máis de 12.000 pasquíns entregados e contamos con rematar a semana con preto de 20.000 entregas.

A oferta do goberno local de crear unha comisión mixta entre concello e consorcios das mariñas para estudar as auditorías, é para o grupo municipal de EU-V a proba evidente que durante un ano mantiveron os informes agachados para evitar facer público o incumprimento de Albada. O propio alcalde desvelou a inacción do goberno municipal, cando anuncio que a partires da próxima semana crearase unha comisión técnica de seguimento formada por ambas as dúas administracións que analizará as auditorías encargadas. As palabras textuais do alcalde non deixan lugar a dúbidas “Tenemos una radiografía de la planta, que son las auditorías económica y medioambiental, pero ahora hay que interpretarlas para dar un paso más. Ahora vamos a trabajar conjuntamente en el diagnóstico de las auditorías”.

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou que “o PP non permitía o acceso as auditorías ao resto da corporación para agachar a súa inacción e conivencia coa concesionaria, esperemos que unha vez que o consorcio das mariñas obrigou ao goberno municipal a amosar as auditorías, este atenda as solicitudes da oposición e de acceso aos documentos”.

Relacionados