Campaña Nostián nos Mallos

Xa que logo, seguimos a informar desta estafa social para os coruñeses e coruñesas e desta inxustiza para os traballadores e traballadoras de Albada. Hoxe Esquerda Unida levou a campaña “o noso lixo a súa corrupción” ao barrio dos Mallos, onde constatouse que a preocupación polo conflito e común a todos os barrios da cidade, as preguntas son abundantes e as criticas á empresa e goberno municipal son a tónica. Xa son preto de 15.000 folletos entregados durante a campaña que non parará até chegar a todos os barrios coruñeses.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera paradigmático que o PP, cando estaba na oposición invitase á veciñanza a seguir os camións que saían de nostian e agora no goberno nega o acceso á planta de tratamento de refugallos tanto á veciñanza como á oposición. Así o actual voceiro do goberno municipal indicou en sesión plenaria o 28 de marzo de 2010 indicaba:

“Insto a los vecinos a seguir los camiones que salen de la planta. Esta semana hemos realizado un seguimiento a los camiones que salen cargados de basura de Nostián y la conclusión es demoledora: el pequeño porcentaje de basura que llega separado a Nostián se recicla y lo que no llega separado, casi el 70% de la basura, se continua enterrando en un vertedero de Sobrado dos Monxes”.

Neste sentido, O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP enganou deliberadamente á cidadanía, ben cando estaba na oposición cando afirmaba que non se reciclaba, ben agora no goberno cando asegura falazmente que rescatar a concesión custa cartos ao Concello, cando todos sabemos que a empresa tiña a obriga de reciclar o 70% do lixo e non o está a facer, polo que se pode rescindir a concesión sen custe por claro incumprimento de contrato, tal e como estou seguro que indican as auditorías, motivo polo que nos denegan o acceso a elas.

Relacionados