Campaña Nostián nos Rosales

O Consello Político Comarcal de Esquerda Unida visita Os Rosales para informar da estafa social que significa o tratamento do lixo na planta de Nostián xestionada por Albada, empresa de Florentino Pérez. A concesionaria lonxe de procurar un servizo de calidade cun alto grado de reciclaxe, buscou dende o primeiro momento acadar o máximo beneficio co mínimo investimento, e o fixo co silencio cómplice de PSOE e PP. So hai que observar o lamentable estado da maquinaria que utilizan os operarios. Aínda que a idea de tratar o lixo orgánico para poder reutilizalo como abono é unha medida propia de países avanzados que coidan do seu medio natural, o método de xestión da planta de Nostián, dende a súa construción, foi nefasto.

Esquerda Unida esixe a rescisión da concesión a Albada por incumprir o contrato e unha posterior xestión pública do lixo, que permitiría aforrar custes e mellorar o servizo co que os coruñeses e coruñesas pagaríamos menos e melloraríamos o medio ambiente. A recesión do contrato non tería custe para as arcas municipais, ao contrario que afirma falazmente o goberno municipal porque Albada non cumpre, ni nunca cumpriu o seu compromiso de reciclar o 70% do lixo.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que cada día que pasa semella máis necesaria a medida que propoñemos de desenvolver cláusulas que permitan a intervención e mediación do Concello nos conflitos laborais das concesionarias de servizos municipais, proposta que nos comprometemos a executar no caso de ter capacidade de influencia na gobernanza da Coruña”.

Relacionados