Campaña Nostián

Pola mañá se visitaran os mercados municipais e pola tarde, de 18 a 20 h., instalaranse mesas informativas. Aínda que inicialmente hai preparados 10.000 folletos, a organización conta con incrementar a tirada unha vez vaia avanzando a campaña que posteriormente estenderase ao resto de concellos da comarca pertencentes ao Consorcio das Mariñas.

Esquerda unida comeza a campaña “o noso lixo, a súa corrupción” para que a cidadanía coñeza a realidade sobre o conflito de Nostian diante das informacións interesadas que aparecen nalgúns medios de información fomentada polo goberno municipal que está a ter unha actuación inaceptable tomando partido descaradamente a prol da empresa concesionaria pertencente a Florentino Pérez.  Así o PP, pagándolle o canón por un servizo que non desenvolve, está a permitir que Albada manteña unha situación de forza diante do conflito laboral, cando de todos es sabido que durante o preto de mes de folga dos traballadores e traballadoras non se está a reciclar.

Hoxe comezou a campaña no Obelisco, mañá visitarase o mercado del Elviña pola mañá e instalarase unha mesa informativa no barrio de Elviña pola tarde, o venres visitarase o mercado de Monte Alto instalando no mesmo barrio a mesa informativa pola tarde, o luns visitaremos o mercado das Conchiñas e pola tarde a mesa informativa estará no Agra.

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, que presentou hoxe a campaña indico “isto é unha grande estafa social, a veciñanza está a pagar por un servizo que non se está a desenvolver correctamente”.

César Santiso engadiu que “a veciñanza debe saber que os traballadores e traballadoras de Nostian non son uns privilexiados, como algúns queren facernos ver, son traballadores mileuristas aos que de un día para outro a empresa lles di que lles vai reducir unha cuarta parte do seu salario e inda por riba van ter que traballar máis horas”.

Santiso finalmente criticou a postura do PP que cando estaba na oposición denunciaba precisamente o que agora está a facer no goberno, neste sentido explicou que a parte de atrás do folleto amosa as citas de Negreira na oposición e os feitos con Negreira alcalde, “onde se pode observar a hipocrisía dun PP que utilizou Nostian como arma electoral e agora lávase as mans diante do conflito como Poncio Pilato”.

Relacionados