Campaña por unha banca pública

para deixala saneada e agora envolvela en papel de regalo para algún fondo especulativo estranxeiro,que é o mesmo que un roubo á sociedade galega, privada dunha institución senlleira do noso país, que debería ser estímulo por e para Galicia, e non acabar convertida nunha mercadoría especulativa máis.

O Coordinador comarcal, Xosé María Dobarro, e diferentes coordinadores locais, como Suso Basterrechea, participarán dun acto, no que, nunha mesa explicativa, informaremos á cidadanía dos efectos inmediatos deste expolio: perda de postos de traballo, peche de máis sucursais nunha cidade xa castigada con escaseza de servizos, fin da obra social da entidade, perda de edificios significativos, moitos deles feitos con investimentos públicos, máis desamparo aínda se cabe aos afectados polas preferentes.

Dende Esquerda Unida esiximos que cese a intención da venda a intereses privados de NovaGaliciaBanco, que se converta nun banco público que financia unha economía democratizada capaz de reflotar o tecido industrial tan depauperado da nosa comarca, e de financiar aos concellos, que deben ser os que presten os servizos esenciais aos cidadáns, agora en mans de oligopolios achegados ao poder.

Relacionados