Neste tríptico recollese que o PSOE entregou aos mercados o sistema público de Pensións, que teñen nome e apelidos. Son os bancos e compañías de seguros. Preténdese un modelo asistencial, é dicir unhas pensións públicas mínimas e o resto con complementos dos seguros privados.
Tamén detalla pormenorizadamente outros datos como o resultado do novo calculo das pensións entre outras cousas.
Por outra banda, esta campaña coincide coa presentación pública do candidato as eleccións municipais Xosé Henrique González Lago, onde fai un análise da posición laboral de Ponteareas así como a actuación dos grupos da corporación.
Neste primeiro contacto público inclúese as primeiras propostas en materia de emprego entre outras revindicacións sociais.