Campaña “noso lixo,a súa corrupción”

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes segue con moita ilusión a boa acollida que está a ter a campaña informativa do Consello Político Comarcal sobre a Planta de refugallos de Nostián, xestionada por Albada. No día de onte, foron moitos os veciños e veciñas do barrio de Elviña os que agradeceron que lles achegásemos información sobre o conflito, así nestes dous días de campaña son xa mais de 4000 os panfletos entregados nunha campaña que percorrerá todos os barrios da cidade, así como tamén circulará polos Concello do Consorcio das Mariñas.

Esquerda Unida puido comprobar da meirande parte dos comentarios, o malestar cidadá coa actitude de empresa e Concello. A campaña, baixo o lema “o Noso lixo, a súa corrupción” a era acollida con interese no Mercado de Elviña. Salientamos que un dos principais comentarios recollía o malestar cidadá de pagar un imposto por unha recollida que Albada estaba a efectuar de xeito incorrecto, non respondendo ao acordado no contrato de concesión asinado co concello.

Esta campaña xorde a consecuencia da desinformación que estaba a ser transmitida, pois se producira un aparcamento dos datos referentes ás porcentaxes de reciclaxe que xa comezara a ser denunciados polos empregados/as da empresa, xunto á mingua das súas condicións de traballo e redución de salario que pretende aplicar a concesionaria, , situación que os levou a unha folga que dura máis de mes e medio.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “resulta incongruente que o goberno do Partido Popular cambiase o seu discurso do día á mañá co acceso ao goberno municipal. Se primeiro denunciaba a pésima xestión desta planta, agora encubre a Albada ocultando os datos proporcionados polas auditorías ambientais e económicas, onde se presupoñen a escasa marxe de reciclaxe e o nefastos resultado dunha pésima xestión que de debe ser re-municipalizada sen que teña custe para as arcas municipais, como falazmente afirma o goberno municipal, pois existe un clamoroso incumprimento de contrato”.

Relacionados