Mariluz Canal a candidata coruñesa

 

Primeiro foi a Converxencia Programática desenvolvida na Coruña, seguiulle a Asemblea Aberta da comarca da Coruña, que propuxo os candidatos que lle correspondían a nosa comarca, logo a Comisión Provincial composta por representantes das tres comarcas que compoñen a provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago estableceu a orde das candidaturas segundo os acordos das súas propias asembleas comarcais e finalmente foi o Consello Político Nacional quen ratificou as candidaturas.

 

Así, a Asemblea Aberta da comarca da Coruña aprobou a candidatura das catro persoas propostas no acto de converxencia programática desenvolvido na Coruña fai unha semana Mariluz Canal, Suso Díaz, Argimrio Doce e Arturo Salgueiro. A devandita asemblea desenvolveuse o pasado venres e contou coa presenza de ducias de afiliados e simpatizantes.

 

A independente Mariluz Canal encabezará a candidatura de Esquerda Unida ao Congreso dos Deputados, a cabeza de lista proposta pola comarca coruñesa acompañaranlle Xosé María Dobarro (Ferrol), María Rozas (Santiago), Antonio Olives (Santiago), Paula Meizoso (Ferrol), Argimiro Doce (Coruña), Celia Fernández Vasco (Santiago) e Artuto Salgueiro (Coruña).

 

A exconcelleira Sari Alabau por Ferrol, o exsecretario xeral de CCOO Suso Díaz por A Coruña e Eduardo de Rojas por Santiago de Compostela configuran a proposta de Esquerda Unida ao Senado.

 

Relacionados