Cangas, protagonista do cambio

 

Esta tarde, Cangas foi a protagonista do cambio. Hasta aquí desprazáronse líderes de partidos da unidade popular como a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, quen apelou “á unidade da esquerda quere estar ao servizo da xente, para facer unha proposta para botar, con b,  aos corruptos das institucións”.

Neste sentido, Díaz citou que “estamos aquí para loitar polos nosos dereitos e contra os recortes, construíndo un programa para mudar as cousas”. “Non é xusto que 34 das empresas do Ibex35 teñan o domicilio nun paraíso fiscal. Iso é delincuencia. Basta de que goberne quen non se presenta ás eleccións”, asegurou. Tamén neste aspecto recordou que “é a hora de escoller as candidaturas do pobo en contra das oligarquías financeiras que gobernan este país”, precisou.

Para o portavoz de Anova, Xosé Manuel Beiras, o proceso de unión enxendrado polos grupos de esquerda, que deben traballar xuntos, será un éxito se as eleccións locais se entenden como unha especie de primeira volta que continúe co obxectivo posto nas vindeiras eleccións xerais . “Se máis forzas o entenderan, Núñez hoxe non gobernaría”, sinalou. Tamén citou a Manolo Montalbán lembrando que “o novo suxeito social é plural e diverso para pular pola unidade”.

No acto de hoxe, Xosé Manuel Pazos, candidato á Alcaldía de Alternativa Canguesa de Esquerdas-Son apelou a que “o PP gobernou durante estes 4 anos contra a xente”, polo que é a hora de buscar “todo o apoio da xente de esquerda, centrándonos no que nos une” para mudar as cousas.

 

Relacionados