Caos circulatorio

 

Os coches aparcan nas beirarrúas, tendo que baixar os peóns ós carrís destiñados á circulación de vehículos;aparcan nos cruces, facendo de barreira visual o que provoca risco de accidentes; aparcan no espazo adicado ós poseedores de tarxeta de minusválidos; aparcan nas rúas, bloqueando directamente a saída doutros vehículos; aparcan nos carrís destiñados á circulación cortando o tráfico; aparcan encima dos pasos de peóns; aparcan nas curvas cortando o carril.

E nós preguntamos, hai outro concello que teña un caos circulatorio maior? A resposta, é sinxela NON.

Mugardos  é diferente, conta cunha plantilla de catro policías locais sin embargo a realidade é a que nós e todos os veciños de Mugardos describimos no parágrafo anterior, o caos circulatorio nos invade.

Para ser máis exactos podemos decir que ante a atenta e impasible mirada dos policías locais os coches aparcan no paso de peóns situado en frente ó concello, no espazo adicado ás persoas con tarxeta de minusválidos que esta en frente ó concello ou no aparcamento do supermercado,aparcan na curva de enfrente ó Casino Mugardés, aparcan na rúa Travesía da Portela obstaculizando a circulación de vehículos, aparcan no cruce da Caixa Galicia perto do Concello,aparcan nos carrís destiñados á circulación de vehículos por toda a Avda. do Mar a pesares das sinales de prohibición de aparcar salvo nos espazos habilitados.Todo esto a unha distancia inferior a un Km. Do consistorio e da oficina da policía local.

Polo tanto, nos preguntamos a que tarefas se adican os policías locais? Ou deberíamos preguntarnos ten a policía local orde do goberno municipal de non evitar estas situación sancionando ós infractores?

Dende o noso grupo municipal, reiteraremos, unha vez máis na comisión a celebrar o xoves que o caos circulatorio existente non se pode permitir polo tanto que o goberno municipal ten que dar ordes claras á policía local para a súa actuación, e si esta non actua deberá tomar cartas no asunto.

Seguir mantendo o caos circulatorio e seguir mantendo o caos no que está instalado o goberno municipal, compre xa unha actuación enérxica frente ós infractores que poñen en risco a seguridade dos peóns e da circulación de vehículos.

Relacionados