Na derradeira comisión de obras e servicios, plantexabamos o que ó noso entender eran os “puntos quentes” do caos circulatorio, e que resumimos en:
1.- Regulación da carga e descarga de mercadorías nas rúas Corzás, Avda. de Galicia e Peteiro, dado que os camións utilizan un carril da vía para realizar a descarga de mercadorías.
2.- Os aparcamentos coas catro rodas dos vehículos encima das beirarrúas impedindo o paso de persoas con mobilidade reducida e sin ela, un simple carrito de bebes non pode pasar sendo obligado a transitar pola carretera.
3.- Os aparcamentos ocupando un carril da estrada, convertindo unha vía de dous carrís nunha vía dun só carril, como por exp. Na Avda. do Mar, a pesares de estar o aparcamento oficial semivacío.
4.- Os aparcamentos en zonas non habilitadas e que provocan unha situación de risco para a circulación, como por exp. Na curva da rúa Os Corzás ou na confluencia entre a rúa Os Corzás e a Avda. de Galicia.
Ante esta situación caótica reclamábamos:
1.- Establecer un horario de carga e descarga de mercadorios, cando menos nesas rúas entre as 23:00h e as 08:00h.
2.- O cumplimento da ordenanza de seguridade vial vixente no Concello de Mugardos e unha actuación decidida da policía local sobre todo nas situacións de risco para a circulación e para os/as viandantes.
O resultado é que para o goberno municipal esto non é un problema, xa que hoxe mesmo poidemos observar ás 13:30h. como un camión de mercadorías estaba a descargar na rúa Os Corzás invadindo un carril da carretera, como un vehículo estaba aparcado coas catro rodas encima da beirarrúa na Avda. de Galicia, como un vehículo estaba aparcado na zona amárela impededindo a visibilidade na esquina confluencia Os Corzás coa Avda de Galicia, ou como un vehículo estaba aparcado na curva da rúa Os Corzás ocupando un carril da estrada, todo esto nun radio de acción de 20mts. de distancia da casa do Consistorial.
Reclamamos do goberno municipal, que tome as medidas necesarias para acabar con este caos circulatorio e que intente facer un pobo habitable para todos/as.