Carlos Miguélez candidato á alcaldía de Ourense

Carlos Miguélez, actualmente é o responsable da Secretaría de Comunicación de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia en Ourense. Asemade o seu activismo desenvólvese fundamentalmente nos movementos sociais da cidade.

Tras a elección, o candidato manifestou  que “ ante a situación de emerxencia social na que nos atopamos, Esquerda Unida debe de continuar co seu traballo a prol da converxencia social e da creación de poder popular que en Ourense.

“Dende Esquerda Unida traballaremos para que Ourense en Común sexa o motor do cambio que os veciños e veciñas deste concello precisan” manifesta Carlos Miguélez que leva participando dende os inicios neste ilusionante proxecto.

Por outra banda, Esquerda Unida de Ourense en boca do seu coordinador, J.Manuel G.Gutiérrez manifestou que “ o compañeiro Carlos representa o exemplo de traballo militante que esta organización vén desenvolvendo dende vai 30 anos, apostando pola contrución dunha sociedade máis xusta, solidaria e igualitaria onde o pobo sexa quen máis ordee”.

 

Con este proceso, Esquerda Unida reitera a necesidade de traballar en frontes amplas e inclusivas,  baixo o paraugas dun programa que garanta a defensa dos dereitos das persoas fronte aos embates deste sistema en descomposición.

Relacionados