Carta ao alcalde de Vigo

afectados pola cancelación das axudas ao pago das hipotecas das vivendas de protección pública do barrio

Carta ao Excelentísimo Alcalde de Vigo, D.Abel Caballero:

Nestes días temos sido informados por varias ducias de veciños e veciñas do barrio vigués de Navia da situación xerada polas negativas da Xunta de Galicia a ampliar asaxudas do PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2005-2008. Ditas axudas, ate o momento,viñan sendo retribuídas como soporte económico ao pago dos préstamoshipotecarios subscritos sobre as vivendas do PAU de Navia.

Consideramos que como Alcalde de Vigo debería coñecer esta situación que está a provocar a política de recortes do goberno central e autonómico, que neste caso argumentan que é por mor do Real Decreto do 13 de xuño e o fin das axudas asignadas a este programa.

A Xunta de Galicia, neste caso o Instituto Galego de Vivenda e Solo, unha manobra completamente irresponsable, argumenta que eles eran “meros tramitadores das axudas” e que ao cancelar dito programa o Ministerio de Fomento, non existe financiación para o mesmo.

O problema radica en que centos de veciños do PAU de Navia adquiriron as súas vivendas baixo o acordo contractual de ditas axudas e mesmo o propio plan falaba de prórrogas cada 5 anos.

Hoxe están recibindo notificacións por correo da Xunta avisando do fin das axudas e polo tanto que a partir de xaneiro deberán facer fronte ao pago de importes de máis de 200 euros en moitos casos, cousa que nun barrio azoutado polo problemas laborais actuais como o de Navia supón para moitas familias practicamente o importe que tiñan adicado na súa renda familiar ao carro da compra.

CONSELLO LOCAL DE VIGO

A este feito súmase un desamparo informativo das familias que non saben a quen dirixirse na administración da Xunta e mesmo reciben respostas contradictorias por parte de diferentes estamentos administrativos Por estos motivos solicitámoslle un apoio do Concello de Vigo aos veciños e veciñas artellando varias medidas que consideramos importantes:

· Creación con apoio municipal dunha OFICINA DE AFECTADOS con asesoría legal e administrativa nestes meses para afrontar os recursos de alzada ás notificacións que van chegando aos domicilios.

· Requerimento da corporación municipal ao goberno da Xunta de Galicia de abrir unha nova liña de axudas para cumplir o contrato formalizado no seu día cos veciños e veciñas de Navia.

· Presentación dunha moción no PLENO do Concello de Vigo condenando a actuación da Xunta de Galicia, do Ministerio de Vivenda e do Instituto Galego de Vivenda e Solo neste tema tan grave de abandono institucional.

Quedamos a súa disposición para artellar un encontro cos veciños e veciñas afectados así como trasladarlle toda a información sobre este problema que precise.

 

Relacionados