Cartos públicos para os antiabortistas

 

A entidade funciona para denegar na práctica os dereitos recollidos na lexislación estatal sobre o dereito das mulleres a saúde sexual e reprodutiva.

 

Nun contexto de escaseza de recursos nas administracións públicas, non podemos compartir unha asignación de recursos baseada nunha opción ideolóxica que   resulta  belixerante coa aplicación real e efectiva dos dereitos das mulleres, e polo tanto,  contraria ao avance das políticas públicas de igualdade. Así o PP  dá outro paso atrás para as mulleres e consonte o aprobado na  lei de apoio á familia asume un discurso falaz sobre a maternidade, que se contradí coa realidade sangrante da nosa cidade, v. gr. a falla de escolas infantís públicas, que deixa a un centenar de nenas e nenos sen praza e aos proxenitores nunha situación sumamente difícil. Para nós estas son as cousas nas que hai que investir os cartos públicos non en alimentar burbullas ideolóxicas regresivas.

 

Xa que logo, Yolanda Díaz reclama un esforzo orzamentario suplementario para  que todos os recursos económicos e apoios e complicidades do Goberno Municipal se empreguen para subvenir  ás entidades e colectivos que si levan anos de traballo acreditado a prol das necesidades das persoas e colectivos da nosa cidade. Non cabe dar cartos e alento a opcións que negan na práctica as políticas públicas de igualdade de dereitos e empoderamento social das mulleres, que semella é a tentación recorrente do PP.

 

Esquerda Unida  quere salientar o valor de desenvolver políticas públicas de protección social integrais por serviren tanto para atender as notables necesidades sociais existentes canto por axudar a desenvolver unha política económica contracíclica.

Relacionados