Para Esquerda Unida, este inmoble podería albergar a sede do Museo da Cidade de Ferrol, cubrindo unha lagoa que lastra o desenvolvemento das potencialidades culturais que acubilla a nosa cidade.
Semella congruente apostar polo estabelecemento do futuro museo da cidade nun barrio barrio histórico da cidade, como é o caso de Canido, o cal sumaría un atractivo máis no que fai a oferta de lecer cultural para a nosa cidadanía e mailos visitantes.
Ampliar a oferta de espazos dotacionais públicos, neste caso no eido da cultura, supón ao traverso da implementación de políticas públicas culturais, desenvolver e estender un modelo de cidade que fai da cultura e da creación un eixo central do seu desenvolvemento e identidade.