TEMA: Nacional

XI Asemblea Nacional

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida, máximo órgano de goberno entre asembleas, tomou a decisión de celebrar a XI Asemblea Nacional a finais de abril na propia cidade de Compostela.

Observatorio convivencia escolar

O deputado Xabier Ron inquire sobre se a Xunta ten plans para reducir as situacións de conflito nos colexios. Alternativa pregunta a Educación pola parálise do Observatorio Galego de Convivencia Escolar.

Trato de favor a Povisa

A deputada Eva Solla denuncia as listas de espera en Povisa, que dobra a media do Sergas, e as penosas condicións laborais dos seus traballadores. Alternativa Galega de Esquerda esixe a Sanidade que cese no trato de favor ao hospital de Povisa.

Regulamento do Parlamento

AGE cualifica o borrador da presidencia do Parlamento sobre as normas de acceso de “regulamento propio dun centro penitenciario”.

Privatización do rexistro civil

Yolanda Díaz denuncia que a privatización do Rexistro Civil pon en risco 200 empregos públicos. O grupo parlamentario alerta de que a reforma do organismo implicará tamén o cobro polo seu uso.

Hospital de Lugo

Eva Solla esixe á Xunta que instale xa a unidade de hemodinámica e os servizos de radioloxía e medicina nuclear no Hospital de Lugo. O PP presenta unha emenda ao texto de AGE para rebaixar a categoría da infraestrutura sanitaria.

Taxas xudiciais

Yolanda Díaz:“O PP quere cambiar o modelo de tutela xudicial efectivo por un de tutela xudicial en efectivo”. A vicevoceira de AGE denunciou a estratexia que está a seguir o PP coa implantación da Lei de taxas xudiciais coa que trata de imped…

Subvención a discriminación

A Xunta defende os colexios sexistas a forza de imprecisións, demagoxia e ignorancia. AGE presentou unha moción para suprimir os concertos, apoiada pola oposición e rexeitada polo PP de Feijóo con argumentos que contradín a Constitución españ…

Apoio a Navantia

Feijóo condena á fame a Ferrolterra cos seus embustes sobre o dique flotante. AGE apoia aos traballadores na súa esixencia de que os reciba o presidente da Xunta e lles dea explicacións.

Apoio á folga estudantil

Esquerda Unida apoia a folga estudantil convocada en Galicia para o vindeiro mércores 6 de febreiro co obxectivo de derribar o anteproxecto de lei da LOMCE, un dos maiores e máis agresivos ataques á educación pública da nosa historia.

Apoio aos peches nos hospitais

Eva Solla afirma que “a consellería debe dar marcha atrás no desmantelamento da sanidade pública”. Os sindicatos con representación na mesa sectorial do Sergas inician mañá peches nos hospitais da Coruña, Lugo e Verín.

Liberación presos saharauis

AGE únese as demandas nas que se esixe a liberación dos 23 presos políticos saharauis que están sendo xulgados desde o pasado día 1.