Causa Bárcenas: Galicia 2,6M €

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013.- Yolanda Díaz, viceportavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), acusou esta mañá ao Partido Popular de “practicar a peor forma de corrupción, a de permitir que gobernen os que non se presentaron ás eleccións”. Fíxoo na sesión de control ao presidente da Xunta, que como adoito non respondeu ao que a oposición lle preguntaba e refuxiouse na mentira. “Señor Feijóo, queremos a verdade. Hai financiamento irregular do PP galego ou non o hai? Dea a cara no Parlamento e explíquese”, inquiriu Díaz, entre os apupos das bancadas do PP e a inacción da presidenta da Cámara, noutra habitual mostra da súa parcialidade. O presidente da Xunta e líder da dereita non se atreveu a negar a existencia das contas irregulares.

“Na causa Bárcenas aparecen 2.600.000 millóns de euros procedentes de Galicia”, argumentou a viceportavoz de Alternativa, que citou os pagamentos recollidos na documentación xudicial. Empresas como Copasa, Tojeiro-Gas Natural ou ACS ingresaron cartos nas contas do Partido Popular á marxe da legalidade vixente e logo recibiron contratos públicos. “A corrupción é gravísima, é a forma de goberno que vostedes practican ao permitir que gobernen quen non foron elixidos democraticamente”, expuxo Yolanda Díaz, “mentres atacan ás traballadores, a sanidade, a educación as pensións”. E, cos papeis do último auto do xuíz Ruz –do 22 de novembro- na man lembrou que ese documento afirma, en termos indiciais, e existencia dunha corrente financeira no PP fóra da contabilidade oficial entregada no Tribunal de Cuentas.

Pero non só. A causa Bárcenas tamén di que “as empresas seguen á axudar”. “Vai facer vostede como o seu homólogo Rajoy e non vai dar a cara? Se vai seguir agochado é porque ten algo que ocultar”, concluíu Días, “porque isto é familia, a familia do PP. A mafia”.

Relacionados