Cayo Lara, con traballador@s de HP e Alcoa

As consecuencias dunha reforma laboral iniciada e consolidada polo bipartidismo, convirte o futuro de traballadoras e traballadores nun conflicto seguro. Empresas con beneficios aplican ERE’s, ameazan con recortes de postos de traballo, recortes salariais, empeoramento en definitiva das condicións de traballo gañadas tras anos de loita continua.

O coordinador federal de Izquierda Unida, Cayo Lara xunto coa coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz tiveron unha xornada de traballo na Coruña, onde se reuniron cos traballadores e traballadoras dunha filial de HP. A empresa de HP adícase á prestación de servizos a entidades finaceiras, neste caso con ABANCA, que conta con centros na Coruña, Madrid, Valencia, Barcelona e Zaragoza. A ameza co cambio de contrato en favor de Prosegur pon en perigo 355 postos de traballo. Ante a comunicación dunha folga por parte da plantilla, ABANCO decide abrir negociacións.

Cayo Lara e Yolanda Díaz tamén se reuniron co comité de empresa de Alcoa, que de momento a ameaza de despidos semella que está un pouco máis lonxe, intercambiaron información sobre a situación actual na que se atopa a empresa, movementos que se levarán a cabo no futuro e a necesidade de pular por un sistema enerxético alternativo.

Relacionados