O vindeiro martes día 18 de Outubro desenvolverase un Acto Público de Esquerda Unida no que intervirá o noso Coordinador Federal e candidato á Presidencia do Goberno Cayo Lara.
O acto terá lugar no IES Santo Tomé de Vigo (situado na Gran Vía, zona Travesas) ás 20:15 do martes.
Intervirán tamén Yolanda Díaz, coordinadora nacional de EU e Rubén Pérez, coordinador local de EU en Vigo e nº1 na candidatura de Esquerda Unida ao Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra.