Yolanda, Fajardo e Cayo no Grove

Despois dun longo día percorrendo a comarca, con encontros en Vigo e en Vilagarcía, en O Grove o discurso reflicte en palabras de afecto e a boa acollida que tiveron durante o día. O auditorio encheuse novamente para poder compartir uns minutos falando en presente e de alternativa.

Yolanda Díaz, candidata por A Coruña, tras unha diagnose inicial pregunta aos asistentes se hai crise en Galicia. A candidata presenta os datos un a un: aumento de 4000 millóns da débeda contraída polo goberno de Feijóo, a forma na que Feijóo decidiu repercutir os recortes sobre servizos sociais, sanidade, educación e dependencia. Para Yolanda Díaz un presidente non pode presumir de ter 1200 accións de Telefónica e un fondo de pensións privado e apostar por mellorar os servizos públicos.

Cayo Lara repite a mesma pregunta que Yolanda Díaz. Móstrase igual de preocupado que a candidata e anima a seguir sumando dende a esquerda honesta, para multiplicar a confianza no poder decisorio da maioría social. Cayo Lara quere que a participación cidadá teña maior protagonismo e observa como algo tremendamente positivo que EU, ANOVA, EQUO e EcoSocialistas acadaran un acordo de unión para “rebelarse contra a estafa colectiva do Goberno actual”.

O vilagarciano Juán Fajardo prestou especial atención á sanidade na súa intervención no Foro. O candidato por Pontevedra falou do aumento nas cifras de mortalidade en Galicia, que é de un 2% en adultos e dun 6% en nenos. Juán Fajardo exemplificou co dato anterior as prioridades de Feijóo e considerou que está a condenar a cidadanía cos recortes que está a aplicar en sanidade.

Tódolos convidados coincidiron en sinalar que a construción de Alternativa Galega de Esquerda como unha necesidade que debe ser permeable as necesidades sociais e defender os intereses do país dende a perspectiva dos traballadores e a cidadanía.

Relacionados