Concentración en contra da subvención as touradas

 

A acción tiña como obxetivo amosar aos concelleiros que participan nas decisións do IMCE, o mesmo día que tiñan que tomar a decisión de prorrogar subvención, o rexeitamento da meirande parte da cidadanía da subvención as touradas que concede o concello da Coruña.

 

O consello comarcal de EU Coruña participou da faixa despregada en María Pita por Galiza mellor sen touradas e reivindica o fin do financiamento público deste cruel espectáculo.

 

Participando desa faixa, xunto o candidato a alcaldía do BNG, atopábase o coordinador comarcal de EU, César Santiso, quen sendo coñecedor da aprobación un ano máis da subvención do IMCE as touradas declarou: “é inconcibíbel que en épocas de crise, cando un 10% dos coruñeses atópanse en risco de exclusión social, o concello destine fondos para financiar un evento tan cruel como innecesario, ao que a meirande parte da cidadanía rexeita.

 

Esquerda Unida demanda que os fondos que se empregan para financiar as touradas sexan empregados para outros fins máis necesarios coma a reactivación económica que permita xeración de emprego, a loita contra a exclusión social ou a mellora da mobilidade na cidade.

 

Esquerda Unida recorda que dous meses atrás presentou unha moción coa esperanza de que chegase o pleno municipal e se levase a debate o tema de transformar a Coruña nunha cidade amiga dos animais e abolir as touradas, máis nin sequera se mencionou a moción da formación de esquerdas.

 

Con este novo acto EU agarda que o goberno municipal opte por escoitar as voces dos cidadáns e decida dunha vez por todas rematar co financiamento público das touradas na cidade.

Relacionados