CEIP Fermín Bouza Brey

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) a través do deputado Ramón Vázquez defende na comisión de Educación a Proposición non de lei para o seu debate en pleno rexistrada polo seu grupo na que se insta ao goberno da Xunta de Galicia a iniciar a reforma integral do edificio principal do CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas (Pontevedra). Tanto as instalacións como o estado físico do centro non cumpren coas condicións de habitabilidade, hixiénicas, acústicas e de seguridade esixibles sendo as principais deficiencias as relativas á falla de illamento térmico, cuberta do edificio vello e de fibrocemento, condensacións e humidades en paredes e teitos, e insuficiente potencia eléctrica e pésimo estado da instalación con habituais cortes de subministro e perigo de curtocircuítos. A estas graves e perigosas deficiencias súmase a falla de adaptación aos alumnos con problemas de mobilidade e un único acceso á primeira planta cunha capacidade de desaloxo inferior á que está a soportar o que implica un alto perigo en caso de evacuación de emerxencia.

Estas deficiencias do centro levaron á comunidade educativa de Ponteareas a reclamar ante a Administración a reforma integral. As carencias descritas do centro son recoñecidas polo propio Arquitecto Xefe da Unidade Técnica da Delegación Provincial de Pontevedra que o 18 de marzo de 2008 manifesta nun informe que o edificio principal se atopa moi usado e gastado e a necesidade de facer unha rehabilitación integral dos edificios existentes.

Ante esta situación que se prolonga no tempo sen que desde a Xunta de Galicia sen obter resposta algunha por parte da Xunta de Galicia, o grupo parlamentar de AGE presentou unha Proposición non de lei na que se insta ao goberno galego a iniciar coa maior celeridade as obras de reforma integral do edificio principal do CEIP Fermín Bouza Rey dando solución as graves e importantes deficiencias do mesmo as que teñen que padecer o alumnado e profesorado poñendo en risco a súa seguridade e atacando directamente o dereito á recibir unha educación gratuíta e de calidade que como lembra o deputado Ramón Vázquez é obriga da Xunta de Galicia aínda que pola súa falla de acción preferir mirar para outro lado.

Relacionados