CEIP S.Pedro de Visma

Esquerda Unida denuncia que o ximnasio do CEIP San Pedro de Visma carece de saída de emerxencia. En caso de incendio ou inundación, o alumnado que acude a este centro vería enormemente dificultada a súa evacuación. Únicamente existe unha vía de acceso ao ximnasio mediante escaleiras de madeira que en caso de incendio de pouco ou nada servirían. Estamos a falar dun grave perigo ante o que nin o Concello nin a Xunta actuaron.

Outras reivindicacións da ANPA son: adecuar o acceso ao centro mediante beirarrúas correctamente asfaltadas e que conecten coa Ronda de Outeiro, presenza policial na entrada e saída do colexio durante as horas de entrada e saída para evitar atascos, cubrir o patio exterior xa que actualmente a estrutura so conta con tellado e nos días de choiva non se pode utilizar, cubrir o acceso dende a entrada principal ata infantil, reestablecer as barandillas que faltan no parque infantil, restablecer as redes nas canastras de baloncesto, facilitar mosquiteiros no comedor escolar, etc.

Polo exposto, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistra unha batería de preguntas escritas sobre o CEIP San Pedro de Visma a fin de coñecer as actuacións do goberno local ante as graves deficiencias do centro. O tenor literal das preguntas é o seguinte:

Ten coñecemento o goberno municipal de que o ximnasio do CEIP San Pedro de Visma carece de saída de emerxencia? En caso afirmativo, que medidas ten previsto tomar?

– Ten pensado o goberno municipal instar á Xunta a cerrar o patio exterior para que os nenos do centro non se mollen nos días de choiva?

– Ten pensado o goberno local poñer mosquiteiros no comedor do colexio a fin de dar cumprimento aos requirimentos de Inspección de Sanidade?

– Ten pensado o goberno municipal repoñer as barandillas que faltan no parque infantil a fin de evitar posibles caídas?

– Ten pensado o goberno local restablecer a rede das canastras de baloncesto?

– Ten pensado o goberno local incrementar a presenza policial neste centro durante as horas de entrada e saída ao mesmo?

– Ten pensado o goberno municipal reasfaltar as beirarrúas de acceso ao colexio?

– Ten coñecemento o goberno municipal de que o parking deste centro de ensino resulta insuficiente? En caso afirmativo, que medidas ten previsto tomar?

Finalmente, o voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “a Administración nin tan sequera atendeu o requirimento da Inspección de Sanidade para instalar mosquiteiros no comedor do colexio”.

Relacionados