Celbración día do orgullo LGTB

 

Esquerda Unida considera incogruente a postura do goberno municipal en relación cos colectivo LGTB. Así mentres rexeita nas institucións propostas para que A Coruña avance en tolerancia coa diversidade sexual, organiza actos para conmemorar o día do orgullo LGTB.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno municipal negouse a debater no último pleno a moción que presentamos co galo do día do orgullo LGTB para que o concello avance na eliminación das fobias cara as expresións da sexualidade consideradas “diferentes”, porque lonxe de desaparecer, continúan habitando as aulas, os fogares, os centros de lecer e traballo, e  ata nas administracións e servizos públicos. Por iso propoñiamos que o Concello apoiase de xeito activo ao asociacionismo LGTBI, especialmente entre a mocidade, así como atender ás súas demandas e propostas de forma real e activa.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o PP volve a amosar a súa incoherencia e populismo tentando solucionar con festas a cargo de fondos públicos o que se nega a resolver nas institucións, pois non debemos esquecer que se nega a retirar o recurso contra o matrimonio homosexual.

 

César Santiso sinalou “estamos totalmente a favor de que na Coruña desenvólvanse actos públicos que visualicen o colectivo LGTB o que sen dúbida redunda nunha maior tolerancia dos coruñeses e coruñesas, pero denunciamos que o goberno municipal o faga tan so por intereses electoralistas”.

Relacionados