Esquerda Unida vén de formular nun escrito da súa Voceira, Yolanda Díaz, a proposta de que se realice por parte da concellería de cultura e educación un programa de actividades que conmemore o centenario do nacemento do escritor Celso Emilio Ferreiro, quizabes o poeta civil por excelencia nos tempos que tan ben caracterizara a “Longa noite de pedra”.

Centenario de C.Emilio Ferreiro
Esquerda Unida avoga por que a concellería de cultura elabore un programa de actividades públicas, cunha marcada enfase pedagóxica, acerca da obra do autor e do seu compromiso co seu pobo. A programación haberá que facela, dende o punto de vista do Grupo, en colaboración co tecido cultural da cidade e buscando achegarse aos ámbitos da cultura galega que xa están a desenvolver actividades para honrar de divulgar a escritor de Celanova.
Foi Celso Emilio un home de compromiso político, que xunguiu literatura e política nunha obra de fondo acento social. El prendeu coas súas verbas un referente de dignidade, chamando a xuventude “a acender unha antorcha de robusto inconformismo”. Chamado de fonda actualidade.
EU pídelle a concellería de cultura que faga un esforzo por achegar a obra do poeta celanovés a nosa cidadanía no tempo do centenario do seu nacemento.
A proposta que realizamos debe servir para afianzar as políticas públicas que dende o concello pulan pola normalización e estensión da lingua e cultura galegas.