Censo de áridos

 

O concelleiro Roberto Artabe vén formulando nas últimas Comisións a demanda de que se proceda a elaborar un censo que catalogue os diferentes sitios onde se utilizou este material. Xunto a isto, o concelleiro de Esquerda Unida, considera necesario que se realicen catas  nos lugares onde se utilizaron para coñecer a súa composición e delimitar os riscos, toda vez que os lixiviados poden  permanecer  activos até medio século.

 

A reclamación que efectúa o Grupo Municipal de  Esquerda Unida semella  congruente cunha política de saúde pública que atenda o principio de prevención de riscos. O devandito  informe da Secretaría  Xeral xa alertaba dunha serie de riscos:

 

         risco que está en relación co uso que se faga do devandito material de residuo e a posibilidade de que se atope en exposición co ser humano e o propio medio ambiente.

         Risco de afectación ás canles e medios próximos o seren os hidrocarburos aromáticos policíclicos  substancias perigosas para o medio físico e que poden chegar ás persoas ao través da cadea alimentaria.

 

 

Xa que logo, o Grupo Municipal de EU reclama do Goberno Municipal que proceda a elaboración dese censo de lugares onde se teñen utilizado estes materiais e logo disto, proceda á realización dunha serie de catas para coñecer o estado e composición destes residuos.

Relacionados