Centro comercial

 

Lonxe de calquera outra intención vai en detrimento do pequeno comercio, que si supón un elemento vertebrador  dese espazo que queremos recuperar e que si crea emprego.

 

Javier Galán manifesta o seu escepticismo acerca da veracidade do compromiso da Xunta co proxecto de abrir Ferrol, arela compartida por toda a cidade, denunciando que 20.000 euros de consignación para un proxecto que importa uns 7 millóns apenas supoñen un 0,28% do total, un xogo floral de inequívoco cheiro electoral; derrubar a nave do mercado para o cal hai un acordo plenario e unha consignación electoral pode ser o primeiro paso de verdade para facer efectiva a substitución da muralla e a apertura ao mar, comecemos por aí, insta Javier Galán á alcaldía da cidade.

 

Esquerda Unida pídelle ao actual Goberno Municipal que tente sumar intelixencias e acordos para os grandes  proxectos da cidade, e fuxa da tentación, estéril para a cidadanía, de facer electoralismo baleiro, que só produce ao fin frustración e desánimo. Nunha política que busque ao mellor para a cidadanía e non negocios duns poucos, EU vai colaborar sen dudalo.

Relacionados