Centro de saúde de Galeras

Santiago de Compostela, 13 xuño de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda reclamou ao PP que dea máis información sobre a apertura dun concurso para a modificación do contrato de obra para o centro de saúde de Galeras despois de que saír enviado e publicado no Diario Oficial da Unión Europea do 4 de outubro do pasado ano.

A deputada, Eva Solla, durante a súa intervención sobre a proposición non de lei presentada polo BNG en relación as obras do centros de saúde de Galeras, puxo de manifesto este feito que pode xerar dúbidas sobre a súa legalidade polo que solicitou información ao respecto sen obter resposta algunha por parte do grupo do Partido Popular.

O 7 de marzo de 2012 o xerente de xestión integrada de Santiago enviou o plan de necesidades do centro no que se describe que o centro de saúde de Galeras tiña a intención de dar asistencia sanitaria á poboación do casco vello de Santiago para desconxestionar o Ambulatorio Concepción Arenal dándolle rango de prioritario a este plan polo que sorprende que non se volvera a saber nada do mesmo ata oito meses despois e a día de hoxe, máis dun ano despois, volvese a convocar un concurso para modificar o contrato das obras.

A deputada de AGE lembrou ademais que os fondos destinados a execución destas obras proceden de fondos FEDER 2007-2013 polo que de non executarse antes do remate deste ano perderíanse os cartos e con eles o financiamento deste proxecto. Eva Solla lamentou a falla de sensibilidade e interese amosada polo PP xa que se trata dunha obra que permitiría deconxestionar un área sanitaria que ofrece atención sanitaria primaria a máis de 100.000 persoas e que na ven sufrindo importantes deficiencias de espazo e persoal desde hai anos e que continúan a ser atendidos amoreados no centro de Concepción Areal.

Relacionados