Declarado o cese de actividade non esencial

Dende hoxe 30 de marzo ata o xoves 9 de abril, o Goberno decretou o cese de toda a actividade económica no esencial, co obxectivo de reducir ao máximo a mobilidade e axudar así a doblegar a curva de contaxios por coronavirus.

Trátase dunha medida que prioriza o interés xeral por riba do interés particular, habilitando para elo un permiso retribuído recuperable que permitirá que todas as persoas traballadoras que neste momento desenvolven unha actividade laboral de maneira presencial que non se considere servizo esencial, queden confinados nas súas casas durante os vindeiros 15 días. Estas xornadas de traballo das que 8 días son laborables, non se verán reducidas no cobro do seu salario, se non que pasarán a ser recuperadas ao longo do ano en curso.

Relacionados