A recente aprobación da cesión de baixos en Recimil para asociacións como Lazos, Dios y Pan ou Agaela supón un golpe de man unilateral do goberno municipal, sen ningún tipo de consulta ou negociación coas mesmas e sen profundar no estudo de adaptación para os/as usuarios/as desas entidades, ser percibir que claramente son baixos non acondicionados para persoas con enfermidades sensibles e que fisicamente diminúen as súas capacidades.
Semella que o PP renuncia a cobrar as débedas cando proceden de institucións do mesmo signo político. O litixio histórico que mantén o Concello de Ferrol co IGVS, e que o mesmo Sr Langtry comprometeuse en 2011 a solucionar pola vía da compensación en forma de convenios para ceder locales a asociacións sen animo de lucro, como así aconteceu co a Asociación de exalcohólicos ou Teima, parece diluírse agora pola vía dos feitos consumados, ubicando estas entidades en locais de Recimil.
Javier Galán, voceiro municipal, reclama do goberno municipal:
1. – A anulación das cesións feitas no barrio de Recimil, por resultar unilaterais e inadecuadas
2. –A apertura dunha consulta coas entidades sen ánimo de lucro, a fin de coñecer cales son as súas necesidades reais, de espazo e adaptabilidade.
3. –A sinatura de convenios co IGVS para a cesión de locais na Avda de Vigo e na Rúa Álvaro Cunqueiro, que compensen a débeda que mantén o IGVS polo Imposto sobre bens inmobles.
Esta débeda histórica, de hai case vinte anos, ten que ser saldada co Concello, e debe ser o goberno municipal o que faga as actuacións necesarias para recuperar un impago, doutro xeito non podería cualificarse máis que como unha deixadez de funcións da que terían que responder ante a cidadanía de Ferrol, que si entra en vía de constrinximento por non pagar os seus impostos en tempo e forma.
Cabe recordar que xa polo ano 2009 unha moción de Esquerda Unida de Ferrol aprobada polo Pleno municipal, sen ningún voto en contra, demandaba unha rectificación da Xunta, de xeito que se cederan eses locais para usos públicos e sociais para o Concello, e así compensar o non aboamento do IBI, e os acordos do pleno deben executarse polo Goberno Municipal por mandato legal, responsabilidade que parece querer eludir o Sr Langtry con esa toma de decisión irrespectuosas co asociacionismo e a sociedade ferrolá.