EU xa tiña a aceptación para utilizar un local da biblioteca municipal, pero na tarde de hoxe informóusenos telefónicamente que o concelleiro Andrés Sampedro dera ordes de non ceder o local publico a EU. Como alternativa, o dito concelleiro suxeríu dous locais privados, doutros colectivos veciñais cos que non ten calquera tipo de convenio.
Compre salientar que nese local téñense celebrado por EU e outras organizacións diversos actos públicos, polo non é admisible calquera xustificación.
Con esta actitude fascista queda desmostrado quen e o PP en Ponteareas. Nunca se preocupou polo ensino publico e agora trata de impedir que se celebre un acto democrático tan necesario.
Esta teima que ten o PP de non poñer locais públicos a disposición dos movementos sociais e algo xa denunciado por EU vai moito tempo.