Chamada as mobilizacións

 

 

Esquerda Unida chama a cidadanía a participares nas mobilizacións deste fin de semana e anuncia a súa participación con faixa propia na manifestación do domingo 11 as 12:00 h. na Praza da Palloza, para defender os nosos dereitos diante das sucesivas contarreformas laborais desenvolvidas polo PSOE e PP que están a castigar as familias traballadoras.

 

O consello comarcal de EU Coruña saúda a convocatoria de Folga Xeral de CCOO e UGT coincidindo coa convocatoria dos sindicatos nacionalistas e solicita unidade sindical para que o 29 de marzo sexa un éxito rotundo da clase traballadora.

 

A nosa reposta ten que ser a unidade de acción dos traballadores e traballadoras, porque os dereitos pérdense na resignación, xa que logo, a devandita nova supón unha esperanza para os retos e loitas que a clase traballadora ten que afrontar, máis a Folga é un método non un fin, e un paso máis no camiño da resposta social diante das políticas neoliberais aplicadas pola pinza PP-PSOE, pasos que comezaron coas exitosas manifestacións do 19 de febreiro e que ten a súa continuación nas mobilizacións deste fin de semana.

 

O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “unha Folga Xeral nunca é unha boa nova, máis as familias traballadoras temos que defender os nosos dereitos diante do golpe de estado laboral do PP”. Os traballadores e traballadoras non queremos ir a Folga máis temos a obriga de defender os nosos intereses, que ninguén se atreva a chamarnos imprudentes por paralizar o país, a imprudencia cometeuna o PP cunha reforma laboral inxusta cos traballadores e traballadoras, inútil para crear emprego e ineficaz para a economía.

 

Relacionados