Esquerda Unida apoia as mobilizacións que a plataforma de afectados e afectadas polas preferentes e subordinadas, e outros produtos tóxicos, convoca para mañá sábado ás 11h30 na Coruña. O goberno debe de actuar e garantir ás vitimas desta estafa a recuperación total dos seus aforros.
O sector naval, motor da comarca de Ferrol maniféstase este domingo 24 de febreiro ás 12h en Ferrol, ante unha situación de extrema gravidade, a falta de carga de traballo e a inacción dun goberno que minte e deixa esmorecer o futuro do sector. Esquerda Unida apoia a mobilización en defensa do sector público naval e contra o desmantelamento que o PP está a facer en todos os sectores públicos.
Por todo isto, Esquerda Unida fai un chamamento á cidadanía para que saia á rúa, se mobilice para entre todas e todos, sermos quen de parar a tortura á que nos está a someter o goberno do PP.