Chamamento á Rebelión

Esquerda Unida lanza hoxe en Ourense unha campaña de “Chamamento para unha Rebelión democrática” que se está a desenvolver en todo o estado español.

As familias traballadoras estamos a vivir situacións moi difíciles que causan humillación, dor e sufrimento como consecuencia da imposición dos privilexios e o enriquecemento desmedido dunha minoría da sociedade.

Esquerda Unida considera que chegou o momento de organizar unha rebelión democrática sostida e concorrente, na que converxan todos os sectores, colectivos e persoas que están sometidos ou padecen os recortes e que non teñen outro obxectivo que facernos retroceder cincuenta anos. Esta rebelión ten que parar os recortes e cuestionar as políticas que os fundamentan. Asemade debe servir para lograr que o pobo se pronuncie e tome nas súas mans os destinos do país para facer pagar a crise aos seus autores.

Por todo isto, EU Ourense inicia unha recollida de sinaturas para demandar que se sometan as referendo as políticas de recorte que o gobernó do Partido Popular está a levar a cabo.

Hoxe a partires das 20h na Praza Maior de Ourense, Esquerda Unida terá unha mesa para a recollida de sinaturas.

 

Relacionados